Xove inviste case cincuenta mil euros na mellora do vial desde a praia de Portocelo a Vilalpol

O vial, que ten unha lonxitude de 912 mts, foi obxecto dunha nova pavimentación cunha capa de rodadura de asfalto en quente.


O Concello de Xove realiza melloras no vial que vai da praia de Portocelo a Vilalpol. Esta obra forma parte dun convenio de cooperación coa Consellería do Medio Rural para realización de obras de infraestrutura rural. Tivo por obxecto o acondicionamento e mellora do vial que une a estrada municipal Portocelo-Canelas co núcleo de Vilalpol. O pavimento da mesma atopábase deteriorado debido a súa antigüidade e uso, así como ás inclemencias metereolóxicas; dahí a súa necesidade de rehabilitación.

O vial, que ten unha lonxitude de 912 mts, foi obxecto dunha nova pavimentación cunha capa de rodadura de asfalto en quente. Agora pasa a ter 4 mts. de ancho con varias zonas de sobreancho. Para rematar esta importante obra, procedeuse á sinalización horizontal (pintado) e vertical (sinais verticais) da mesma.

Esta actuación vai permitir uns mellores e máis cómodos accesos á Praia de Portocelo e tamén ao núcleo de Vilalpol, acortando as distancias con respecto á estrada que une Vilalpol con Portocelo. A obra, que contou cun presuposto base de licitación de 48.375,01 €, financiada integramente pola Consellería do Medio Rural, foi executada neste ano 2022.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here